CONTINÚA O NOSO PROXECTO «MERCANTIL SOLIDARIO»
¡Deporte, inclusión e unha mañá para compartir!
Esta mañá recibimos no Mercantil aos nosos amigos de COGAMI, que gozaron dunha xornada de deporte practicando pádel e pickleball nas nosas instalacións.
A actividade forma parte de Mercantil Solidario, unha iniciativa de inclusión a través do deporte que conta co apoio do Concello de Vigo e na que, desde o Círculo Mercantil de Vigo, queremos seguir implicándonos de forma activa.
Cremos nun deporte aberto, compartido e capaz de xerar espazos de convivencia para todos. Por iso, poñemos as nosas instalacións, os nosos recursos e toda a nosa colaboración ao servizo de iniciativas que axuden a seguir avanzando en inclusión.
Alégranos compartir esta mañá con COGAMI e esperamos volver velos moi pronto polo Mercantil.
¡Ata a próxima!





















