Sempre quixeches aprender a xogar ao xadrez e non o fixeches ata agora? Queres mellorar neste deporte? Pois este é o teu momento!
O vindeiro sábado 15 de abril celebraremos unha xornada de portas abertas no Mercantil para que todxs aquelxs que o desexen se acheguen á Cidade Deportiva do Círculo Mercantil para coñecer máis a fondo a nosa escola de xadrez.
Para poder asistir á xornada só hai que inscribirse cubrindo un mini formulario cos datos de contacto principais. Non o dubides: ven á escola de xadrez Mercantil e convértete no próximo Kaspárov!
