Gustaríache facer novos roteiros, descubrir paisaxes e coñecer xente coas túas mismas aficións? Chega a Mercantil unha nova actividade: as andainas.
Estas novas andainas están organizadas por A senda do Moucho, empresa viguesa liderada polo vigués Gerardo Fernández Carrera: Naturalista, ilustrador, guía e divulgador, plenamente comprometido coa trasmisión e divulgación dos valores medioambientais a través deste proxecto, co seu lema “ Porque só protexemos o que valoramos, e só valoramos o que coñecemos”
Para este mes e o mes de xuño temos programadas dúas rutas interpretadas:
- «Os tesouros de Beade e Bembrive«. Domingo 21 de maio. A distancia é de 8 km e a dificultade moderada.
- «O bosque de Pouso e Chans de Bembrive». Sábado 24 de xuño. A distancia é de 7 km e a dificultade fácil.
O inicio e o fin de ambas rutas partirá desde a Cidade Deportiva do Círculo Mercantil de Vigo con saída ás 10:00h e chegada ás 14:00h.
O prezo para os socixs é de 5€ por persoa e excursión, e para aquelxs que non o sexan ten un prezo de 15€. As inscricións realízanse na recepción do Mercantil.
