Volve a Liga Social de Pádel Mercantil na súa 2ª volta da segunda fase. O torneo arrincará o vindeiro día 24 de febreiro, nas instalacións da Cidade Deportiva do Círculo Mercantil de Vigo. A participación este torneo é exclusiva para socixs da entidade.
O prezo por inscrición nunha única categoría é de 8€/persoa e as seguintes inscricións terán un custo de 5,50€/persoa e categoría. Para inscribirse no torneo só hai que clicar en INSCRICIÓNS.
A data límite para inscricións é o 12 de febreiro. Vémonos nas pistas!
