Chegou o tempo de castañas a Mercantil, e esta fin de semana as nosas actividades Mercantil Park estarán adicadas ao fruto estrela desta tempada, as ricas castañas.
O sábado 12 comenzaremos a tarde cun obradoiro onde xs máis pequenos fabricarán unha minicesta para levar as castañas. Será en horario de 16:30 a 17:30 horas.
Ás 17:30 continuaremos coas actividades cunha divertida busca do tesouro con castañas que se levará a cabo polas diversas instalacións do Mercantil e finalizará ás 20:00 horas.
Para participar nestas dúas actividades é necesario inscribirse a través deste formulario, clicando no botón azul:
O domingo, a partir das 17:00 horas realizaremos o obradoiro «Encesta a castaña» para o que non hai inscrición, a entrada é libre ata completar aforo.
