Unha fin de semana máis volven os obradoiros e actividades para nenxs Mercantil Park! Nesta ocasión presentámosvos as actividades para esta fin de semana de outubro:
O sábado 8 de outubro, de 16:00 a 20:00 horas, realizarase un obradoiro de creación de marcapáxinas. Non é necesaria inscrición previa, as inscricións serán por orde de chegada ata completar o aforo de 20 persoas.
O domingo 9 de outubro en horario de 17:00 a 20:00 horas celebraremos unha divertida competición de xogos tradicionais e populares. As disciplinas serán carreiras de sacos, xogos de puntería, e moitos máis! É necesaria inscrición previa cubrindo este formulario:
Recordámosvos que para poder participar nas actividades é necesario ter máis de 6 anos e ser socix da entidade Vémonos no Mercan!
