Quen dixo aburrimento? Traémosche unha boa dose de entretemento para a vindeira fin de semana! Os obradoiros Mercantil Park xa están aquí! Quédate ben cos horarios e non te perdas nada.
O sábado 20 de maio poderás vir a un obradoiro onde farás o teu propio «tirachinas» con materiais reciclados. Será de 17:00 a 19:00 e non necesitas inscribirte para poder vir.
O domingo 21 de maio, de 17:00 a 19:00h, haberá unha divertida actividade no pabillón do Mercan na que poderás xogar con outrxs compañeirxs a xogos competitivos por equipos como o brilé ou carreiras de relevos. Non te perdas isto e inscríbete facendo click no botón azul «Xogos competitivos». A por todas!
