Co regreso do outono e tras un xenial verán, están tamén de volta as actividades e obradoiros Mercantil Park das fins de semana! Estades preparadxs para unha nova tempada repleta de actividades divertidísimas? Comezamos!
O vindeiro sábado 1 de outubro a actividade será «Atrapa a bandeira», en horario de 17:00 a 20:00h. Dividirase aos inscritxs en grupos para realizar a actividade e cada equipo confeccionará a súa propia bandeira. A inscrición é necesaria, só hai que ser socix e cubrir este pequeno formulario:
Doutra banda, o domingo 2 de outubro realizarase un obradoiro de libretas, en horario de 16:00 a 20:00 horas. Non é necesaria a inscrición, as plazas adxudicaranse por orden de chegada ata completar o aforo de 20 persoas.
Vémonos este finde co mellor ocio no Mercantil!
