Que ben senta unha finde longa para coller forzas! Nós vimos totalmente descansadxs e recuperadxs para ofrecervos as mellores actividades e obradoiros #MercantilPark de toda a cidade! Preparadxs para coñecer o que agarda esta finde?
O sábado 6 haberá un obradoiro chamado «Abanico» no que xs participantes confeccionarán manualmente o seu propio abanico usando a súa imaxinación para crear deseños incríbles. O horario deste obradoiro é de 17:00 a 19:00h e a entrada é libre para socixs ata completar aforo.
O domingo 7 xogaremos a «Atrapa a bandeira», un xogo no que se forman dous equipos que loitarán por facerse coa bandeira. Soa divertido, verdade? Para poder participar só tes que reservar a túa praza cubrindo este pequeno formulario
