Actualidad Mercantil

Actualidad Mercantil

OBRADOIROS E ACTIVIDADES MERCANTIL PARK 21-22 XANEIRO

OBRADOIROS E ACTIVIDADES MERCANTIL PARK 21-22 XANEIRO

Arrincamos un luns máis coas actividades e obradoiros que teremos en Mercantil esta fin de semana de xaneiro. Preparadxs?

Este sábado, dende as 17:00 horas desputarase un emocionante Torneo de Futbolín nas instalacións do Mercantil. O torneo rematará ás 20:00 horas. Será súper guai! Quen se apunta? Fai click en «Quero participar» e cubre o sinxelo formulario.

O domingo será o turno do obradoiro «Lapiceiro», para o que non fai falta inscrición, e comezará ás 17:00 horas. Neste obradoiro xs participantxs poderán confeccionar un lapiceiro a medida. 

Non faltedes á vosa cita semanal cos obradoiros Mercantil Park!