Actualidad Mercantil

Actualidad Mercantil

OBRADOIROS E ACTIVIDADES MERCANTIL PARK 17 E 18 DE DECEMBRO

OBRADOIROS E ACTIVIDADES MERCANTIL PARK 17 E 18 DE DECEMBRO

O Nadal xa está a punto de comezar e nos obradoiros Mercantil Park levamos un tempo preparándonos para ter todo listo para estas datas. Este sábado por fin recibiremos a agardada visita de Papá Noel e prepararemos a carta cos nosos regalos para entregarlla.

Contámosvos aquí todos os detalles dos obradoiros Mercantil Park desta fin de semana tan máxica de Nadal:  

O sábado 17, de 16:30 a 18:00 horas, haberá un obradoiro no que, todxs aquelxs que o desexen, poderán escribirlle a súa carta a Papá Noel, que nos visitará de 18:00 a 19:00h. Para participar hai que inscribirse aquí:

Doutra banda, o domingo 18 a diversión continúa no Mercantil da man dunha divertidísima Busca do Tesouro de Nadal, que terá lugar no pabillón, de 17:00 a 20:00 horas e para o que tamén é necesario inscribirse: