Despois dunha Semana Santa do máis intenso e primaveral, estamos de volta un luns máis con novos obradoiros e novas actividades que encherán de ledicia a vosa de semana! Hai ganas? Pois mans á obra!
- O sábado 15 levaremos a cabo un obradoiro chamado «Spinning primaveral», ven a descubrir por ti mesmx de qué trata este obradoiro e non deixes que cho conten! O obradoiro comezará ás 17:00h e rematará ás 19:00h. Non é necesario reservar praza, entrada libre para socixs ata completar aforo.
- O domingo 16 preparade os vosos mellores cánticos porque vai ser un día do máis futboleiro, xa que xogaremos un Torneo de fútbol en familia! Formaranse diferentes equipos entre nenxs e familiares e que comece o xogo! Se o clima o permite, os partidos xogaranse ao ar libre, no caso contrario, será no pabillón do Mercantil. Para disputar o torneo, é necesario inscribirse previamente aquí ou premendo no botón laranxa.
