Actualidad Mercantil

Actualidad Mercantil

OBRADOIROS E ACTIVIDADES MERCANTIL PARK 10 E 11 DE XUÑO

OBRADOIROS E ACTIVIDADES MERCANTIL PARK 10 E 11 DE XUÑO

Como vai o mes de xuño? Nós con moitísimas ganas de comezar o verán, as vacacións, os campamentos de verán Mercantil pero sobre todo con moitas ganas de diversión! Xa falta moi pouco para poñer unha pequena pausa aos nosos obradoiros, pero esta finde imos con todo

O sábado haberá un obradoiro chulísimo «Memory«, no que poderás facer as túas propias cartas de maneira artesanal para un xogo de memoria. Soa ben, verdade? O horario é de 17:00 a 19:00 e non hai que inscribirse para poder participar. 

O domingo será a quenda da actividade «Xogos competitivos», en horario de 17:00 a 19:00, na que por equipos, participarás en diversos xogos e actividades nas que a túa competitividade terá un papel fundamental. A inscrición é obrigatoria facendo clic en «Quero inscribirme».