As vacacións de Nadal xa están ao caer, e en Mercantil Park gústanos prepararnos con moito tempo. Estades preparadxs para unha nova finde repleta de actividades divertidísimas? Comezamos!
O vindeiro sábado 3 de decembro a actividade será «Atrapa a bandeira», en horario de 17:00 a 19:00h. Dividirase aos inscritxs en grupos para realizar a actividade e cada equipo confeccionará a súa propia bandeira. Será no pabillón do Mercantil. A inscrición é obrigatoria, só hai que ser socix e cubrir este pequeno formulario:
O domingo 4, de 17:00 a 20:00h, será o turno do obradoiro «Boneco de neve de sorpresa» no que realizaranse bonecos de neve decorativos, confeccionados manualmente. Non volo perdades!
