Un ano máis xa está aquí a Liga Social de Pádel Mercantil 2022/2023 na súa 2ª volta da primeira fase. O torneo arrincará o vindeiro día 11 de novembro nas instalacións da Cidade Deportiva do Círculo Mercantil de Vigo e finalizará o 11 de decembro. A participación é únicamente para socixs da entidade.
Este ano o torneo contará cunha nova categoría, ademáis das tradicionais masculina, feminina e mixta: sub-12. O prezo por inscrición nunha única categoría é de 8€/persoa e as seguintes inscricións terán un custo de 5,50€/persoa e categoría.
A data límite para inscricións é o 30 de outubro.
