Actualidad Mercantil

Actualidad Mercantil

APRAZADA FESTA SAN XOÁN MERCANTIL 2022

APRAZADA FESTA SAN XOÁN MERCANTIL 2022

ACTUALIZACIÓN: POR MOTIVOS METEOROLÓXICOS, VÉMONOS OBRIGADOS A APRAZAR A FESTA DE SAN XOÁN PARA UNHA NOVA DATA. GRAZAS POLA VOSA COMPRENSIÓN. 

O vindeiro xoves 23 de xuño celebraremos no Mercantil a Festa de San Xoán 2022. Haberá un montón de actividades destinadas a todos os públicos, comezaremos ás 17:00 con cucañas e xogos tradicionais. 

A partir das 21:30h celebraremos a segunda cea-concerto da tempada de verán en Mercantil. Nesta ocasión, teremos o enorme pracer de gozar coa música do grupo vigués «La buena vida» que nos farán bailar coas mellores versións de diferentes estilos musicais de importantes grupos como The Beatles, Mecano, Queen e ¡moitísimos máis!

Como manda a tradición, ás doce da noite realizarase o acendido da fogueira.

A esta festa poderán asistir os convidadxs dxs socixs a partir das 20:00h da tarde e terá un custe de 5€. O acceso para socixs da entidade é totalmente gratuito.

Para asistir á cea-concerto, con motivo de controlar o aforo, os socixs deben realizar a reserva previa para asistir á cea-concerto na hostelería da entidade (con pago anticipado). O ticket da reserva debe entregarse o día da cea no mostrador da hostelería para “servizo en mesa”.

Para a asistencia por parte de non socixs, é necesaria a inscrición previa á cea-concerto completando este pequeno formulario: