O vindeiro sábado 16 de xullo celebraremos a agardada Festa Ibicenca en Mercantil! Coma sempre, realizaránse actividades para todos os públicos. Deixámosvos o programa completo cos horarios das actividades:
- XOGOS INFANTÍS 17:00 – 20:00 (só para socixs)
17:00 – 18:00: Obradoiro de pulseiras.
18:00 – 19:00: Carreiras de relevos na piscina.
19:00 – 20:00: Disco infantil con xogos musicais.
- CEA-CONCERTO co grupo musical Crónicas Pop, que nos achegarán as mellores versións dos últimos tempos. A cea concerto comezará ás 21:30 e rematará ás 23:30. Como broche final de festa, a partir das 23:30 haberá sesión DJ cos mellores temas do verán para que non paredes de bailar!
Poderán acceder á cea-concerto non socixs e invitadxs de socixs a partir das 20:30 horas, con inscrición previa e cun prezo de 5€. A inscrición debe realizarse cubrindo este pequeno formulario:
Para as actividades infantís tamén é necesaria a inscrición, que poderá realizarse ata o 14 de xullo mediante o seguinte formulario:
O código de vestimenta para esta festa serán prendas de roupa de cor branca. Animámosvos a todxs a que traiades os vosos outfits máis ibicencos e moitas ganas de bailar! Podedes consultar a normativa ao completo aquí:
