Por fin chegou a primeira festa do 2023 e unha das máis agardadas do ano: A FESTA DE CARNAVAL MERCANTIL!
Non fagas plans porque o domingo 19 de febreiro tes unha cita que non te podes perder no Mercantil. Prepara o teu mellor look e ven a participar nas actividades que preparamos para a festa:
- Gymkhana temática familiar, de 17:00 a 19:00h.
- Concursos de disfraces, de 19:00 a 20:00h.
- Entrega de premios: Premio ao disfraz máis bonito, ao máis elaborado, máis orixinal e á mellor posta en escena.
A festa é exclusiva para socios da entidade, podes consultar a normativa ao completo máis abaixo. Para poder asistir é necesario inscribirse facendo click en «Quero asistir».
