Actualidad Mercantil

Actualidad Mercantil

ENTROIDO DE VERÁN MERCANTIL 2022

ENTROIDO DE VERÁN MERCANTIL 2022

Alguén por aquí con ganas de disfrazarse? O vindeiro sábado 27 de agosto celebrarase en Mercantil unha nova edición do noso Entroido de Verán particular! Non vos perdades nada do que vai acontecer, hai actividades para todos os públicos:

Dende as 17:00 horas e ata as 20:00 horas haberá actividades infantís no Mercantil destinadas xs máis cativxs (só para socixs). Ás 21:30 dará comezo na cafetería de verán a cea ambientada de entroido con animación, que rematará ás 23:30h.

Como peche final de festa, teremos o pracer de gozar dunha sesión DJ cos mellores éxitos de Entroido, ata a 1 da madrugada.   

Non esquezades vir co voso mellor disfraz! Haberá agasallos para os mellores disfraces nestas categorías: disfraz máis bonito, disfraz máis orixinal e á mellor posta en escea. 

O acceso é libre e gratuito para socixs do Mercantil. O acceso para non socixs ten un custo de 5€, a pagar en portería no Mercantil o mesmo día da cea, con acceso ás instalacións da entidade a partir das 20:30 horas e inscrición previa cubrindo este formulario.