ACTUALIZACIÓN: Por mor das condicións climatolóxicas adversas que se agardan para San Xoán vémonos obrigados a reubicar as cucañas no interior do pabillón.
¡Este ano temos preparada unha tarde-noite moi divertida para San Xoán! Non vos podedes perder absolutamente nada do que vai acontecer en Mercantil a tarde do 23 de xuño. Prestade moita atención:
A partir das 17:00 e ata as 20:00 pasarémolo en grande cos divertidos xogos tradicionais que temos preparados para todos os públicos (dende os 4 anos en adiante):
- Carreiras de sacos
- Baile de cadeiras
- Tinas de fariña
- Lanzamento globos de auga
- Carreiras en chan deslizante
A data límite de inscrición é o martes 21 de xuño, e o prezo é de 2€ por persoa. É necesario inscribirse para poder participar nas cucañas, só tes que cubrir este mini formulario que atoparás facendo click en «Quero participar».
