Por motivos alleos a nós cancélase a actuación de “La buena vida” prevista para este sábado. No seu lugar, pasaremos unha estupenda cea ambientada cos mellores éxitos musicais de todos os tempos.
Ademais, teremos actividades e xogos na piscina para xs máis pequenos, lonas deslizantes a partir das 17:00 horas e ata as 20:00 horas e tamén haberá obradoiros de pulseiras e colares. Para a vosa comodidade, a sala infantil abrirá ata as 23:30h. Ás 23:30, cando remate a cea-musical comezará a sesión DJ para que a festa non pare en Mercantil!
Como sempre, o acceso para socixs da entidade é DE BALDE, e para non socixs a entrada terá un prezo de 5 euros, a pagar en portería o mesmo día da cea, ademais, é necesaria inscrición previa facendo click en «QUERO ASISTIR».
O mellor verán vívese en Mercantil. Non faltedes!
