Estas vacacións de Nadal volve o campus de tenis Mercantil!
Dende o 26 de decembro ata o 6 de xaneiro de 2023 (fins de semana e festivos non incluidos) poderedes gozar dun campus de tenis súper completo, onde xs asistentes perfeccionarán e mellorarán as súas técnicas e tácticas neste apasionante deporte.
As inscricións para o Campus de Tenis xa están abertas, non é necesario ser socix para poder inscribirse. Só hai que ter entre 4 e 17 anos e moitas ganas de aprender e de pasalo xenial nestas vacacións de Nadal.
Queres inscribirte? Fai click en «Quero inscribirme no campus»
Se precisas máis información sobre o Campus de Tenis de Nadal Mercantil, podes consultar aquí a normativa completa do campamento ou contactar a través dos teléfonos 606 642 789/ 986 279 912 ou a través del email alexsotocurto@gmail.com.
