Sabías que xa está aquí a nova edición de verán do Campus de Tenis Mercantil? Estás ready para un verán cheo de tenis?
Bloquea xa a data na túa axenda: Do 26 de xuño ao 8 de setembro (fins de semana e festivos non incluídos)
Este ano temos unha súper novidade que te encantará: Xa podes quedar a durmir cos teus amigos, porque este nesta edición engadimos a opción de poder pernoctar no Campamento. Podes consultar as tarifas e o material necesario para a pernocta na normativa do campus.
Elixe o nivel que máis che guste: Iniciación e perfeccionamento, con xogos de coordinación, multideporte e piscina, e o stage de competición, no que se mellorarán técnicas e tácticas, video análise de partidos, unha importante preparación física e mental e haberá un seguimento e acompañamento íntegro dxs participantes. Os grupos son sempre reducidos e as actividades totalmente adaptadas á idade e ao nivel dxs alumnxs.
Soa xenial, verdade? Para reservar a túa praza só tes que facer clic no botón azul e cubrir o mini formulario.
