Buscas un campamento diferente para este verán? Tes entre 5 e 16 anos? O Campamento de Xadrez Mercantil ten a combinación perfecta para converterse no mellor candidato: Formación en xadrez, actividades na piscina, xogos ao ar libre e ademáis, xs participantes recibirán un diploma ao finalizar o campamento!
As datas do campamento son do 3 ao 7 de xullo e do 7 ao 11 de agosto. O horario é de 10:00 a 14:00h, con servizo madrugadores a partir das 08:30 sen custo adicional. Tamén hai servizo de comedor opcional (con custo adicional) ata as 16:00.
O Círculo Mercantil de Vigo, en colaboración coa Escola de Xadrez Galego, dirixida por Roberto Páramos, trae este verán un campamento repleto de sorrisos, aprendizaxe e sobretodo moito xadrez! Non deixes escapar esta oportunidade e convértete no novo Kasparov, só tes que inscribirte facendo clic en «Reserva a túa praza».
