No campamento, as nenas e os nenos gozarán de divertidas actividades de piscina, moitísimas actividades lúdicas como a famosa procura do tesouro, unha gran variedade de deportes ( futbol sala, baloncesto, entre outros), gymkhanas, xogos tradicionais, xogos de cooperación fomentando o compañeirismo, e xogos en inglés, awesome!
Todo isto rodeado de natureza e nunha contorna segura e vixiada.
Se che interesa, e así gozarás do desconto, podes realizar a inscrición enchendo o formulario que atoparás facendo clic na seguinte ligazón:
A continuación poderás ler toda a información detallada sobre o Campamento de Verán 2020, como os seus horarios e actividades, tarifas, servizo de comedor, etc…
