Estás preparadx para un finde máis repleto de actividades chulísimas? Arrincamos a semana prestando os obradoiros que teremos esta finde en Mercantil Park! Xa hai ganas de finde?
O sábado 13, en horario de 17:00 a 19:00 horas poderás fabricar a túa propia maraca no obradoiro «Maracas«. Bótalle moita imaxinación e fabrica unha maraca orixinal! Non é necesario inscribirse no obradoiro. A entrada é libre para socixs, ata completar aforo.
O domingo 14, de 17:00 a 19:00h será o turno da actividade da semana: Xogos por equipos! Haberá un montón de xogos e diferentes dinámicas organizadas polas monitoras que farán que pases un rato divertidísimo. A inscrición é obrigatoria cubrindo este pequeno formulario ou premendo no botón «Xogos por equipos».
Reserva enerxías para a finde e vémonos no Mercan!
